Aínda que non pasamos polo blog ata agora, este ano o club de lectura arrincou con forza. De momento temos 65 Papalibros en nómina e sabemos que aínda faltan por apuntarse algúns incondicionais. O grupo máis abundante é o de 1º Ciclo de ESO, como non podía ser de outro xeito. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO son os máis asiduos visitantes da Biblioteca, pero tamén temos un nutrido grupo en 3º e 4º de ESO, uns cantos Papalibros decididos a compartir o xantar ou mediodía dos luns e algúns Bookbusters, que sen dúbida medarán en cantidade.
E para recibir aos nosos lectores, que mellor que libros frescos, recén saídos. Velaí uns cantos títulos en banda deseñada que acabamos de adquirir: máis volumes
Bone, clásicos como
Mafalda ou
Todo 36-39 malos tiempos de Giménez,
V de Vendetta de A. Moore, novidades editoriais como
Habibi, de C. Thompson, ou autor de
Blankets que tanto gustou o ano pasado,
Haarman, el carnicero de Hannover, The Beats, biografía das figuras máis relevanes da xeración beats; unha revisión dos mitos gregos en
Greek Street; cómics en galego como
Causas Nobres de F. Bueno, cunha fermosísima dedicatoria aos Papalibros,
A man do Diaño de Brais Rodríguez,
Cabana de Baleeiros de Tokyo... e non podía faltar
Nómades, a última entrega de Xosé Tomás, profe neste centro, que nos relata historias de mulleres emigrantes.
Tamén en literatura xuvenil temos algunhas novidades: Os dous primeiros volumes de
Crónicas del Reino de la Fantasía, a nova serie de Gerónimo Stilton,
Las aventuras de Ulises, tamén de G. Stilton;
Reckless, a última triloxía de Cornelia Funke, o primeiro volume de Ulysses Moore,
El valle de los Lobos de Laura Gallego,
Caperucita Roja. ¿A quien tienes miedo?,
La Aventuras de Tintin, la novela,
Emily, The strange;
El diario de Sofia, libros sobre gladiadores romanos...
E para os maiores,
Muerte en Estambul e a recén publicada
Con el agua al cuello, as novelas policíacas que nos faltaban de
Petros Márkaris, que ven de gañar o VII premio Pepe Carvalho.
Mal de pedra, unha interesante novela da escritora sarda Milena Agus ou
Fransknstein ou novo Prometeo son algunhas das novidades que atoparás si ves a biblioteca.