2009/12/02

A PRAIA DOS AFOGADOS


A praia dos afogados é un libro inspirado no ambiente mariñeiro vigués. A historia comeza co achado do cadáver dun mariñeiro, Xusto Castelo, na praia de Panxón. O ambiente veciñal coincide en que foi un suicidio, porén as primeiras investigacións parecen descartar esta opción debido á maneira en que estaba colocada a brida que lle amarraba as mans. Daquela, a morte sería accidental ou planificada? Leo Caldas, inspector de policía e locutor de radio, xunto co seu axudante aragonés introduciranse no caso e mediante interrogatorios a familiares, veciños e compañeiros de traballo, a colaboración do forense e axentes da UIDC, e grazas ás historias de antigas pantasmas que formaron parte da vida do falecido lograrán esclarecer o caso e resolvelo de maneira satisfactoria.
Se queres coñecer o final terás que mergullarte neste libro, pero asegúroche que se o fas non te vas arrepentir.