2009/05/20

Retratos de lectores


Este mes comezamos unha nova sección no noso blog. Despois dun ano falando dos libros que limos, ¿Por que non falar dos lectores?
Walter Benjamin dicía que o seu libro ideal estaría formado só de citas doutros libros. Cada un de nós é ese libro de citas que desexaba Walter Benjamin: son as palabras dos outros as que van formando a nosa voz: voces familiares, dende ou fronte ás que aprendemos a lernos e a ler o mundo, e aquelas outras que imos escollendo, que nos chegan a través da prensa, da televisión, da rede, dos libros... segundo os gustos, intereses e preocupacións do momento. Podería reconstruirse a autobiografía de cada un de nós, a partir do que en cada momento fumos lendo ou desbotando, nas respostas que buscamos nos libros ás preguntas que previamente nos fixemos.
O blog pretende reflectir a nosa autobiografía como grupo, o que aprendimos xuntos, tanto no uso das TIC, como no coñecemento da literatura, e, ante todo, amosar que, mesmo nas situacións aparentemente menos propicias, hai lugar para a para o pracer de ler, como lles ocorre a estes circunspectos londinenses, que curiosean as estanterías dunha librería, alleos á destrucción que os rodea.
Cristina

Ningún comentario: