2009/01/15

A cabeza da Medusa

Con este título de resonacias mitolóxicas, ven de publicarse a última novela de Marilar Aleixandre, premio da Fundación Caixa Galicia 2008. Nela cóntasenos a historia de Lupe e Sofía, dúas estudantes de 2º de Bac que son violadas ao voltar dunha cea de entroido cos seus compañeiros de instituto. Ao igual que Medusa, as dúas rapazas descubrirán como moitos non se atreven a miralas de fronte e sufrirán a súa propia cabeleira de serpes, debaténdose entre denunciar a agresión ante a xustiza ou rendirse ante as presións do entorno, especialmente dos seus propios compañeiros de instituto. Avanzando as súas páxinas atopámonos con situacións familiares: a vida cotiá no instituto, profes, clases, broncas... sen que falten ligues e amores.
A autora fai un acertado tratamento do mito da Medusa, no que, ao igual que en moitas sociedades actuais, castígase á muller agredida e non ao agresor.

Ningún comentario: