2008/05/21

Persépolis


Persépolis é unha unha historia autobiográfica escrita por Marjane Satrapi en formato de cómic. Satrapi, de orixe iraní, vive de nena a caída do Sha de Persia e a revolución islámica liderada polo Ayatolah Jomeini. Case na adolescencia, trasládase a Austria para cursar estudios no Liceo Francés de Viena, a instancias dos seus pais, unha familia de clase media que quere que Marjane reciba unha educación máis liberal. A súa adaptación en Europa non será fácil. Cando Marjane decide regresar decátase de que a vida en Irán, baixo un réxime islámico, tampouco é doada.Persépolis está na sección de cómic da nosa biblioteca do IES de Melide. Son catro volumes (delgadiños, eh?) que se len moi ben. Ademais de disfrutar dunha boa historia, podes enterarte de como é a vida nun país islámico ou como a ven algúns cidadáns.

Hai uns meses estreouse a película baseada no cómic. É un filme de animación realizado pola propia Marjane Satrapi en colaboración con Vincent Paronnaud. A cinta, que tivo moi boa acollida en diferentes festivais de cine e provocou unha gran polémica en Irán, ofrécenos unha boa historia contada mediante debuxos de gran beleza e forza expresiva. Se queres saber máis consulta a web oficial en http://www.vertigofilms.es/persepolis/. O próximo mércores, 28 de maio poderás ver a peli no instituto, no horario habitual de Cineforum (16.00 h.)
Podes ver aquí un trailer da película.

Se liches o comic ou viches a película, engade o teu comentario.

4 comentarios:

xosé tomás dixo...

É un cómic moi bonito e interesante sobre todo se queres aprender algo máis sobre a cultura árabe, a historia de irán...A mín gustoume moito e recomendo que o leades.
Xisela Fuciños Vázquez

Anónimo dixo...

Empecei hai dous días a ler Persépolis e xa só me faltan 10 páxinas do último máis ou menos.Está moi ben contado e engancha un montón.Recoméndollo a todos aos que lles guste coñecer novas culturas.

Anónimo dixo...

Se queres un libro un día no que estes aburrido, este é o perfecto,xa que ao ser un comic, os debuxos axudan a comprender mellor.Este conta a historia dunha rapaza que comparte dúas culturas:a occidental e a oriental,dous mundos que teñen diferentes maneiras de ver a vida.

eSme dixo...

A min pasoume o mesmo que a Andrea, en dous dias linos todos. E está fenomenal para aprender cousas sobre a historia de Iran e a realidade na que teñen que vivir.